Etiquetas

Académicas (53) 4ESO (38) 2ESO (36) 3ESO (31) 2º BAC (17) Aplicadas (16)

venres, 27 de marzo de 2020

2ºESO. Sistemas. Substitución

No seguinte enlace, fai todos os test do apartado "sustitución" (até chegar a "igualación"). Copia os tests na libreta, non poñas a solución de cada paso, fai o sistema seguindo os pasos pero na libreta pon a resolución como a que aparece á dereita do test.
Envíame os resultados a alfonso.agra1@gmail.com
Non esquezas poñer no asunto: Nome Apelidos e curso.
(Unha petición, utilizade Adobe Scan ou CamScanner para envíar as imaxes da libreta. Permiten envíar todas as páxinas xuntas, o arquivo é máis lixeiro e máis fácil de editar se hai que facer algunha corrección. Se non facedes así, envíade as fotos en baixa resolución porque os correos son inmanexables)

mércores, 25 de marzo de 2020

3ºESO. Carreira de Sistemas

Escolle un coche, vai facendo os sistemas que atopes, escolle o camiño das solucións correctas e tenta chegar á meta.
Cal é o camiño máis rápido? Que coche gaña?
Envíame as respostas (cós sistemas resoltos) ao meu correo.
(Imaxe de www.lasmatesfaciles.com)

martes, 24 de marzo de 2020

2°ESO, 3°ESO. Ecuacións de segundo grao. Tarefa


No seguinte enlace, xera un novo conxunto de ecuacións. Escolle en tipo "aleatorio". Resolve todas as ecuacións na libreta. Fai unha foto e envíama ao correo.
Tés de prazo até o mércores día 25.

martes, 17 de marzo de 2020

2°ESO. Tarefa.


Fai varios exercicios (3 ou4) do "código secreto", copiaos na libreta, resolve as ecuacións, faille unha foto e envíama ao correo.

2°Bacharelato. Tarefa en Classroom


Hai unha tarefa en Classroom.
Lembramos que para segundo de bacharelato é obrigatorio continuar avanzando coa materia, non é voluntario.
Por favor, os seguintes alumnos aínda non se deron de alta:

  • Carla Estévez
  • Alejandro Fernández
  • Manuel Oliveira
  • Sergio Padín
  • Daniel Roibás

3°ESO. Problemas que utilizan sistemas

No seguinte enlace tedes exemplos de problemas que utilizan sistemas.
Facédeos na libreta e enviademe unha foto ao correo.


venres, 13 de marzo de 2020

luns, 9 de marzo de 2020

2ºESO. 2º Exame da 2ª Avaliación

Dados os desatrosos resultados do primeiro exame, fixemos unha segunda tentativa. Os resultados non foron mellores.
A continuación van as imaxes do exame e das repostas:

  • Exame (1, 2)
  • Resposta (1, 2, 3)